O funcionamento do modelo de financiamento autonómico presenta unha serie de problemas básicos cuxa corrección e posibles vías de reforma constitúen o núcleo dun dos debates de máis relevancia no momento actual. Unha parte deste traballo céntrase na análise detallada da estrutura e do sistema de financiamento vixente para as comunidades autónomas de réxime común, así como unha crítica razoada do sistema e unha serie de propostas para a súa reforma. A outra parte presenta un estudo comparado da experiencia dunha serie de países con dilatada tradición federal, identificando prácticas e institucións que poderían ser trasladables ao noso país e aquelas que non sería desexable trasladar. Esta parte do libro axuda a desmontar unha serie de tópicos sobre o tema que se foron forxando sen unha xustificación clara e rigorosa.
288 páxinas, ilustracións, gráficos, 26 x 20 cm