Tamen podes atoparnos nas redes sociais

La náutica de recreo: Un sector emergente de la nueva economía gallega

La náutica de recreo: Un sector emergente de la nueva economía gallega

GARCÍA GONZÁLEZ-LLANOS, Aureliano
21,00 €

As excepcionais condicións do noso litoral para a práctica de todas as especialidades que integran a náutica de recreo supoñen, sen dúbida, a principal vantaxe que ofrece Galicia fronte aos seus competidores. Os 1700 km de costa, con fachada a dous mares e o marco singular das Rías Baixas, constitúen o mellor escenario posible. Nun territorio cunha cultura milenaria do mar, este tipo de navegación benefíciase, tamén, das facilidades que ofrece ser unha potencia pesqueira, de dispoñer dunha ampla e diversa tradición na construción naval e na industria auxiliar asociada. No mercado especializado, son empresas galegas as que ostentan o liderado en España, xa sexa na construción de embarcacións a motor con casco de fibra, na fabricación de velas ou na construción de portos deportivos. Aínda así, a industria náutica de recreo adoece na nosa comunidade de problemas de dimensión e innovación para competir con éxito no ámbito europeo. Esta publicación examina detalladamente os logros e os retos dun sector emerxente.
 

Edita: 
Centro de Investigación Económica y Financiera (CIEF), Fundación Caixa Galicia, 2005
Características físicas: 

262 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, gráficos e mapas, 26 x 20 cm

Ano Edición: 
2005
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-96494-30-6