Catálogo realizado con motivo da mostra conmemorativa do centenario do nacemento de Antonio Lago Rivera, un dos artistas clave da arte galega da segunda metade do século XX. En palabras de Miguel González Garcés, Lago é o «creador dun mundo ao tempo soñado e vivido». Un pintor, cuxa evolución está ligada ao contexto madrileño, ao francés e ao ámbito internacional sucesivamente, pero recreando ao longo do seu percorrido artístico un sentimento galego e coruñés íntimo e esencial.
Texto: Carlos L. Bernárdez
Edita:
Afundación
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia, e a Galería Montenegro
Características físicas:
108 páxinas, ilustracións, fotografias en branco e negro e color, 27 x 22 cm
Ano Edición:
2016
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
978-84-96982-71-0