A obra de Carlos Maside resulta imprescindible na análise do avance da plástica galega do século XX, pois empregou técnicas e ferramentas vangardistas para plasmar os aspectos da cuestión social que tanto lle interesaban, así como o seu contorno, en pezas de evidente esencia galaica.
Este catálogo, que complementa a exposición do mesmo título, comprende (xunto a outras) as obras que conforman o legado Maside, ese conxunto que o artista considerou indivisible e representativo da súa produción.
Textos: Antón Baamonde, Encarna Otero Cepeda, Mercedes Rozas e Suso de Toro
Edita:
Afundación
Coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e da Plataforma Cidadá Carlos Maside
Características físicas:
77 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 27 x 22 cm
Ano Edición:
2015
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
978-84-96982-69-7