Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Monasticón cisterciense gallego

YÁÑEZ NEIRA, María Damián
160,00 €
60,00 €

O Císter, coa súa historia de intensa espiritualidade e de realizacións materiais, deixou unha profunda pegada en Galicia. A orde de san Bernardo suscita un interese plural, dado que implica unha ampla gama de disciplinas, historia, arte en todas as súas técnicas, farmacia, economía, etnografía, espiritualidade, haxiografía, xeografía, agricultura, música, medicina, hospitalidade e política.
A obra Monasticón cisterciense galego, ademais de ser pioneira nas súas procuras e desenvolvemento, ofrécese a modo de estado da cuestión sobre todos e cada un dos mosteiros da orde que foron e son en Galicia. É un compendio de monografías redactadas por especialistas que condensan os estudos sobre cada unha destas casas ata o presente e que, nalgúns casos, a falta de información, desenvolveron un traballo de investigación específico.
O volume un comprende as monografías sobre os mosteiros das provincias do sur, Ourense e Pontevedra: Oseira, Montederramo, Melón, San Clodio, Armenteira, Oia e A Franqueira. O volume dous, das provincias da Coruña e Lugo, Sobrado dos Monxes, Meira, Monfero, Ferreira de Pantón, Toxosoutos, Penamaior, Moreira e Castro de Rei, aos que por razóns editoriais únese o estudo do pontevedrés Acibeiro.

Edita: 
Caixa Vigo e Ourense, 2000
Características físicas: 

Encadernación en guaflex con sobrecuberta, 28 x 23 cm
Volume un, 317 páxinas, ilustracións, fotografías en cor
Volume dous, 317 páxinas, ilustracións, fotografías en cor

Ano Edición: 
2000
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-699-0778-6