Coñecido fundamentalmente pola súa faceta muralista e indixenista, o mexicano Diego Rivera foi en realidade un artista moito máis plural e complexo que transitou por múltiples estilos na súa etapa de formación: academicismo, modernismo español, postimpresionismo, puntillismo ou cubismo. Este catálogo recolle unha mostra de 43 obras, entre óleos, acuarelas, gravados e debuxos, pertencentes aos fondos do Museo Dolores Olmedo de México D. F. É unha selección representativa do seu rico mundo plástico, desde a súa etapa de formación española ata as súas últimas pezas mexicanas, un patrimonio que a súa amiga e coleccionista Dolores Olmedo foi reunindo ao longo dos anos ata convertelo nun dos fondos de maior relevancia sobre este artista.
O libro comprende, ademais do catálogo de obra e de importante documentación gráfica e textual, unha interesante selección de escritos sobre o seu traballo de Frida Kahlo, André Breton, Élie Faure, Lázaro Cárdenas e Carlos Pellicer, entre outros.
Encadernación en tapa dura, 338 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e color, 22 x 18 cm