Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Ramón Caamaño: Retratos da Costa da Morte

Ramón Caamaño: Retratos da Costa da Morte

SENDÓN, Manuel
SUÁREZ CANAL, Xosé Luis
12,00 €

O feito de que popularmente se lles chamase aos fotógrafos retratistas era algo máis que unha metonimia. Non só era o tipo de imaxes que máis realizaban os fotógrafos profesionais, senón que eran ás que lle daban maior importancia e as que cumprían unha función social máis relevante.
Esta obra comprende os retratos realizados por Ramón Caamaño nas localidades da Costa da Morte, entre finais dos anos vinte e finais dos corenta da pasada centuria. Aínda que non responden a un proxecto de investigación artístico e malia as súas limitacións técnicas, preséntanse como fragmentos de historias que teñen a súa orixe en determinadas cerimonias sociais, convertendo o paso polo estudio do fotógrafo nunha especie de ritual iniciático, para deixar patente un acontecemento ou posibilitar a ilusión dunha presenza en América que mantivese os nexos familiares.

Edita: 
Centro de Estudos Fotográficos, Caixanova
Características físicas: 

Encadernación en cartoné, 95 páxinas, ilustracións, fotografías en bitón, 22,5 x 16 cm

Ano Edición: 
2002
Idioma publicación: 
Galego