A mediados dos anos noventa a Xunta de Galicia e a cadea hostaleira Hotusa acometeron a reforma integral deste vello cenobio cisterciense da comarca do Ribeiro. O novo San Clodio é o primeiro hotel-monumento que esta cadea inaugurou en Galicia. A obra comprende o estudo histórico do mosteiro e os traballos de restauración para converter os espazos monacais anexos á igrexa aos novos usos turísticos sen alterar os seus valores histórico artísticos.
Edita:
Fundación Caixa Galicia, Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Arquivo Histórico e Museo Arqueolóxico de Ourense, 2005
Características físicas:
140 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 26 x 20 cm
Ano Edición:
2005
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
84-96494-52-7