A chegada do ferrocarril pódese considerar o momento de inicio da modernización da sociedade galega polas repercusións que tivo. No periodo que vai de 1880 a 1960 prodúcense os avances propios da modernidade: a entrada da luz eléctrica, o coche, o teléfono, a radio, a televisión... A fotografía vai rexistrando estes cambios fundamentalmente nas reportaxes e, dun xeito máis sutil, na fotografía de estudio.
Esta obra supón un achegamento a esa modalidade de fotografía, tratando de afondar nela, sen pretender incluír os moitos fotógrafos existentes nese amplo periodo nin cinguirse ao espazo no que as fotografías foron realizadas (algunhas ao ar libre), senón entendendo por fotografía de estudio a realizada con este proceso de traballo.
167 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 22 x 24 cm