Comezou a andaina da económica no ano 1783 cando un grupo de notables composteláns solicitou permiso real para a constitución da sociedade. Tomaba como referencia a institución vascongada, aínda que co paso do tempo iría aportando novas contribucións de seu que, sen dúbida, favoreceron a súa consolidación.
Os máis de douscentos anos desta senlleria institución ratifican o su inestimable aporte á evolución cultural, artística e económica da cidade de Santiago e de Galicia, a través das diversas escolas e entidades que foron xurdindo ao seu abeiro. Compre salientar a diversidade de materias que abranguían, xa que os centros educativos dependentes da sociedade trataban tanto o ámbito científico e sanitario (escola de veterinaria) como de ciencias sociais e humanidades (escola de música, de debuxo, de idiomas, de primeiras letras), ademais de ofertar a posibilidade de acceso a unha formación laboral específicia, co ensino do fiado, de modelaxe, de taquigrafía ou de artes e oficios. Apoiou, así mesmo, a creación da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago de Compostela e promoveu o establecemento na cidade dunha sucursal do Banco de España.
Catálogo da exposición realizada en Santiago de Compostela co gallo dos douscentos vinte e dous anos de historia da económica.
311 páxinas, ilustracións, táboas, planos, debuxos, fotografías en cor, 30 x 224,5