Once relatos, de destacadas figuras do ámbito literario galego, todos eles inspirados en obras da Colección de Arte Afundación conforman esta suma creativa na que se combinan artes plásticas e letras para producir un resultado superior á suma das súas partes.
Ledicia Costas, Berta Dávila, Antonio Manuel Fraga, Diego Giráldez, O Hematocrítico, María Lado, Emma Pedreira, Mario Regueira, Eli Ríos e María Solar exploran interesantes dimensións metafísicas e/ou simbólicas das pezas plásticas seleccionadas.
Edita:
Afundación, Obra Social ABANCA
Características físicas:
165 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 21,5 x 12 cm
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
978-84-96982-78-9