Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Tesoros de Apsley House: La Guerra de la Independencia en las colecciones del duque de Wellington

Tesoros de Apsley House: La Guerra de la Independencia en las colecciones del duque de Wellington

AULET, José Luís
31,00 €

O 2 de maio de 1808 o pobo de Madrid sublevouse contra as tropas napoleónicas que invadiran a península ibérica, a rebelión pronto foi emulada en todo o territorio español. Esta obra constata a importancia que na Europa do século XIX tivo a sublevación española contra o exército imperial de Napoleón. O feito de que en cadros, gravados, esculturas ou vaixelas encontremos referencias a este período indica que, dende logo, foi un acontecemento cun forte impacto naquela sociedade.
José Luis Aulet colabora, mediante a realización deste libro, a que poidamos comprender o alcance dun suceso tan emblemático, ao tempo que nos permite coñecer o coidado patrimonio artístico custodiado en Apsley House (institución británica dependente do English Heritage) e inspirado en motivos da España das primeiras décadas do XIX. Por suposto, nesta rigorosa obra abórdanse, así mesmo, o estudo de certos episodios da guerra da independencia e o papel desempeñado polas tropas británicas no conflito. Así pois, o nome de Arthur Wellesley, duque de Wellington, personaxe destacado dese momento, é unha constante ao longo das páxinas que seguen, dado que moitos dos tesouros aos que se refire José Luis Aulet lle foron obsequiados con motivo, entre outros, do triunfo sobre o exército de Napoleón.

Edita: 
Fotografías: Andy Jhonson Fundación Caixa Galicia, 2008
Características físicas: 

Encadernación en cartoné con sobrecuberta, 232 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 28 x 25 cm

Ano Edición: 
2008
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
978-84-96982-23-9