A paisaxe galega foi evolucionando ao longo do tempo, adaptándose ás transformacións no sector agrario, social e económico e xerando cambios de enorme valor natural e patrimonial. Este libro, que se ocupa tanto do estudo da xestión económica dos espazos protexidos, coma de conflitos derivados da devandita xestión, está estruturado en catro capítulos. No primeiro preséntase unha descrición da caracterización e dos aspectos típicos da paisaxe galega. A recente Reserva da Biosfera Oscos río Eo é analizada no segundo capítulo. O terceiro capítulo estuda outra zona de especial interese paisaxístico: a zona da Ribeira Sacra, declarada paisaxe protexida pola Xunta de Galicia. Finalmente, o último capítulo céntrase na análise dos cambios producidos nas paisaxes forestais galegas a raíz dos recentes incendios do ano 2006.
263 páxinas, fotografías en cor, cadros e mapas, 26 x 20 cm