Da man de Francisco Fernández del Riego, Vigo sentimental é un paseo íntimo pola cidade que o acolleu e na que desenvolveu a maior parte da súa vida, cunha proxección e entrega que se estende a toda Galicia. Profundo coñecedor da terra galega no seu conxunto e con detalle, Fernández del Riego realiza este evocador percorrido centrándose nos lugares de maior significación vital e emocional. Deste xeito vainos descubrindo un Vigo con dúas caras, o recolleito e o puxante, acompañando el relato con notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.
Vigo sentimental é o primeiro volume dunha serie de seis títulos das mesmas caracteristicas, un percorrido afectivo de este egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.
Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cm