Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Xaime Quessada

Xaime Quessada

CAIXANOVA
6,00 €

Catálogo da exposición celebrada en Vigo na Casa das Artes, de xaneiro a febreiro de 2002.
Falar de Quessada é falar de expresionismo, cubismo, surrealismo, abstracción... é falar de Picasso, Goya, Bacon, Munch, Rembrandt, Malevich ou unha síntese de todos eles. Sexa cal sexa o camiño estético que tome, sexa cal sexa a súa afinidade máis destacada, nas obras de Quessada sempre vemos algo máis. O quessadiano na pintura é a presenza perdurable do seu propio universo iconográfico, que culmina nun sentido particular e complexo da composición espacial do cadro e do tratamento da cor e da figura, o que significa que ningunha obra é absoluta, facilmente confinada dentro dos límites dun único estilo.
Textos: Darío Villanueva, José Gómez Alén.

Edita: 
Caixanova
Características físicas: 

96 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 26,5 x 21,5 cm

Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: