Esta obra sobre o etnógrafo, arquéologo e historiador ourensán Xaquín Lorenzo, Xocas, publicada a xeito de homenaxe o ano 2004 no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, traza unha completa semblanza da obra e da traxectoria vital do herdeiro da xeración Nós. El foi o continuador da vontade cultural e do afondamento identitario da nomeada Época Nós.
Xaquín Lorenzo acadou un gran recoñecemento polos seus numerosos traballos de campo en escavacións e catalogacións arqueolóxicas, como autor de monografías decisivas no eido da etnografía e de máis dun cento de artigos especializados, así como polo seu labor docente.
Edita:
Fundación Caixa Galicia
Características físicas:
108 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro, 23,5 x 16,5 cm
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
84-95491-98-2