Tamen podes atoparnos nas redes sociais

La escuela de Barbizón

La escuela de Barbizón

CAIXANOVA
10,00 €

En 1817 a creación do Gran Premio de Roma de Paisaxe Histórica motivou en gran medida que centenares de pintores paisaxistas e animalistas se desprazasen a Barbizón e outras poboacións próximas no bosque de Fontainebleau (a uns 50 km ao sur de París) para pintar en contacto directo co medio natural. Alumnos da Escola de Belas Artes de París repartiron o seu tempo entre os seus estudios na capital no inverno e Barbizón desde comezos da primavera a finais do outono. A partir de 1848 Théodore Rousseau e Jean François Millet instaláronse definitivamente en Barbizón, o que atraeu a moitos pintores mozos desexosos de aprender deles. A escola de Barbizón, tal e como a denominou o historiador inglés David Croal Thompson, tivo unha importante influencia no movemento impresionista posterior.
Textos: Marisa Oropesa, Marie Thérèse Gazeau-Caille.

Edita: 
Caixanova
Características físicas: 

95 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 29 x 24 cm

Idioma publicación: 
Castellano