Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Los nabis: Profetas de la modernidad

Los nabis: Profetas de la modernidad

CAIXANOVA
15,00 €

O grupo de artistas franceses que a partir de 1890 adoptaron este nome (do hebreo nabi, 'profeta') levou a cabo unha evolución radical da arte plástica, partindo dunha forma de pintar sen precedentes. Puideron traducir os seus pensamentos e sensacións en impresións físicas de materia, liña e cor. Rexeitaron a mecanización alienante producida polo desenvolvemento industrial das grandes cidades e concibiron unha linguaxe simbólica que se centraba no misterio da vida e na espiritualidade. Pertenceron a este grupo Paul Sérusier, Maurice Denis, Jan Verkade, Pierre Bonnard, Émile Bernard, Ker-Xavier Roussel, Georges Lacombe, Félix Vallotton, Édouard Vuillard, Paul Gaugin, Henry-Gabriel Ibels, Paul-Élie Ranson e József Rippl-Rónai.
Textos: Agnès Delannoy, Marisa Oropesa e Juan Manuel Bonet.

Edita: 
Caixanova
Características físicas: 

191 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 29 x 23,5 cm

Idioma publicación: 
Castellano