Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Manuel Vilariño: Emboscadura

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
9,00 €
3,00 €

A relación de Vilariño cos animais contén moita da fascinación que por eles se profesa na infancia, nese período en que se acumulan os descubrimentos e a proporción do novo é infinitamente superior ao xa coñecido. No proceso de creación, Vilariño convértese nun chamán que prepara aos seus animais para a viaxe desde o inferno ao paraíso. As súas escenificacións non son só presenzas de obxectos e suxeitos, senón que significan un diálogo entre o artista e os materiais. As imaxes que crea prescinden da beleza convencional e remítennos a un imaxinario mítico. Animais e obxectos relaciónanse a través de formas que encaixan amodo.

Edita: 
Textos: Alejandro Castellote, Alberto Ruiz de Samaniego Traducción: Carraig Linguistic Services Fundación Caixa Galicia, 1998
Características físicas: 

142 páxinas, ilustracións, fotografias en branco e negro e cor, 28 x 21 cm

Ano Edición: 
1998
Idioma publicación: 
Galego
ISBN: 
84-89231-75-3